consomé

Caldo feito de substancia de carne.

Etimoloxía

Este termo é de orixe francesa, en concreto procede de consommé, do verbo consommer e este do latín consumere ‘consumir’.

Exemplos *

“… papaba caldo de pita cunha palliña, que, así presentado, chámanlle “consomé” e resulta moito máis delicado, máis apropiado para ocasións tales como o libramento dunha criatura.” (Teresa Moure: Herba moura)

“Mesturamos ben o leite co consomé, o sal, os ovos e a fariña procurando unha masa homoxénea sen grumos e non moi espesa.” (Miguel González Aguiar: O Correo Galego 05-05-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.