cursivo, -a

Letra, carácter inclinado cara a adiante, a imitación da letra manuscrita.

Etimoloxía

Apúntase que chegase do italiano corsivo 'que corre', que remite, en última instancia, ao verbo latino currere 'correr'.

Exemplos *

"… atopei casualmente nalgures unhas palabras en cursiva que me gustaron e tomeinas prestadas con poucos disimulos." (Xosé Cermeño: Os nervios da cabeza)

"Puxen en cursiva, por dúas veces, a expresión na Galiza e no rexistro falado, pois xustamente esta, a cuestión da fala, quere dicir, o proceso comunicativo, é onde desexo facer fincapé." (Vítor Vaqueiro: Tempos Novos 10-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.