dado

Pequeno cubo que ten cada unha das caras marcadas cun número diferente de puntos, do un ao seis, ou con distintas figuras, usado en certos xogos de azar

Etimoloxía

Hai dúas hipóteses, unha propón unha orixe árabe dad ‘dado de xogo’ e outra que di que viría participio do verbo latino dare ‘dar’.

Exemplos *

“O camareiro tiraba dados cun cliente.” (Manuel Darriba: Velado do billarista, 2000)

“A meirande parte dos soldados quedaban no comedor, xogando aos naipes ou aos dados uns, cantando outros, parolando da vida, os que máis.” (Xabier López López: Os libros prestados, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.