destemido, -a

Que actúa sen ningún temor, mesmo en situacións moi comprometidas ou difíciles, chegando a ser imprudente

Etimoloxía

Palabra que se forma sobre o verbo “temer” que procedía do latín timeo de significado semellante.

Exemplos *

“Barreiro mirou para el, sosténdolle a mirada como fan só os destemidos, os tolos ou os borrachos. Por veces non sabía a que categoría pertencía o seu amigo.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)

“Lampião decidiu ignorala para deixar que o deserto se encargase dunha muller estraña e destemida, pero María, desafiando a autoridade inquebrantable do seu home, deu en buscala, nun galope que pretendía recuperar as horas perdidas.” (Daniel Asorey: Nordeste, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.