diapositiva

Fotografía positiva en cristal ou outra materia transparente para ser proxectada.

Etimoloxía

Chegounos desde o francés diapositive, formado da combinación da forma grega dia ‘por medio de’ e positive, do latín positivus.

Exemplos *

“... Anselmo tentou crear un ambiente menos académico, máis distendido, comentando anécdotas relativas á sorpresa con que a iniciativa da Escola fora acollida en diferentes medios. Informounos tamén de que empregaría gravacións, diapositivas e vídeos para apoiar as explicacións ...” (Xosé Cid Cabido: Días contados)

“Camilo sofre esa imaxe e abre os ollos para recuperar a realidade das casas que a velocidade do autobús vai pasando como diapositivas en cor.” (Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.