dozaría

Lugar onde se fan e venden doces

Etimoloxía

Termo que se forma sobre por sufixación aplicada sobre o nome “doce” que bebe do latín dulcis ‘agradable (ao padal)’.

Exemplos *

“Non hai moito, á altura da dozaría La Gran Antilla, achegouse a el unha muller con chal negro que levaba unha patela na cabeza.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)

“O neno ten fasquía de misto (...). Está diante da dozaría do barrio, unha tenda concisa e case coqueta, con seus tres chanzos na entrada. O neno semella pasmado ante o escaparate.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.