edificio

Construción grande dedicada a vivendas, oficinas etc.

Etimoloxía

Procede do equivalente latino aedificium, -ii.

Exemplos *

“O edificio situado fronte á capela, que agora aparece coma do trinque, estaba daquela devorado polo abandono.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)

“Guiouse polo rincho dos cabalos e dirixiuse cara á parte de atrás do edificio, onde se erguía unha sinxela estrutura de madeira co tellado a dúas augas.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.