encontro

Competición deportiva

Etimoloxía

Estamos ante un nome regresivo procedente de “encontrar” que vén desde o latín tardío incontrare ‘ir ao encontro de’.

Exemplos *

“O Rachas xa non viu o final do encontro, que gañaron os solteiros cos dous goles que marcaran, fronte á desesperación dos casados.” (Xesús Fraga: Tute para catro / Solteiros contra casados, 2000)

“Eles, os máis modestos de todos os equipos naquel torneo, que nin chándal tiñan, os inscritos o último día e a última hora, e arrasaran sen piedade, a todos, (...), que eran moi bos, e ás diferentes escuadras da vila. E en todos os encontros, por goleada.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.