primaria

Etapa do ensino obrigatorio que comprende a escolarización entre os seis e os doce anos

Etimoloxía

Voz que procede do latín primarius, -a, -um ‘primeiro’ ou ‘principal’.

Exemplos *

“Non é cuestión de formación, orixe, nivel de ingresos ou calquera outra variable: o gran número de erros apenas varía do profesorado de prestixiosas universidades ao alumnado dunha aula de primaria.” (AA.VV.: GCiencia. O portal da ciencia galega, 1-2019)

“Por que non queres que lle fale de ti? Sol non conta nunca o que eu lle conto. É a miña mellor amiga dende a primaria.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.