Grupo de abellas que forman unha colonia
Etimoloxía
Palabra que procede do latín examine que xa significaba o mesmo.
Exemplos *
“Quizais un bota man do primeiro que lle sae ben e se deixa convencer de que ten talento para o tema. Os afagos adozan máis que trescentos enxames de abellas cabreadas.” (Rosa María Llorente Suárez: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011/ Mans coma nubes, 2011)
“E aquelas pedras que alzaban castelos no aire; que daban acobillo a coellos , raposos e teixugos, en labirínticos sistemas de covas; que aloxaban entre as fendas enxames de abellas, regos de mel que untaban o granito e tiñan alimentado quizais ó home prehistórico.” (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.