espavorecer

Causar pavor a / Sentir pavor

Etimoloxía

Vocábulo que se crea por sufixación e prefixación aplicada ao substantivo “pavor” que remite ao equivalente latino pavoris ‘medo’, ‘espanto’.

Exemplos *

“Na tradición galega a balea posúe dimensións xigantescas e lanza urros espantosos que espavorecen os mariñeiros e xentes da beiramar.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

“Nunca contou coas ben fornecidas flotas das que dispoñía Drake para espavorecer os barcos inimigos, nin foi recibido nunca en terras inglesas á volta das súas viaxes coa admiración que se lle dispensaba ó pirata de Crowndale, pero os servizos de Marston ao imperio de Isabel I non poden despacharse con cualificativos menores.” (Xavier Lama: Os moradores da nada, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.