espulla

Vulto moi pequeno que se forma na pel.

Etimoloxía

Proponse que proceda do latín spongia, -ae, pola consistencia esponxosa destes vultos.

Exemplos *

"S. Bento de Lérez, para as espullas, a Virxe da Lanzada, en casos de infertilidade; a Virxe da Barca para librar dos perigos do mar …" (Marcial Gondar Portasany: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e o nós-outros)

"… unha mirada luminosa, unha pel sen espullas, ou un bo arrecendo son belezas que non provocan luxuria nin emendan a obra divina." (Teresa Moure: Herba moura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.