Vínculo de parentesco que une un fillo aos pais.
Etimoloxía
A súa forma latina era filiatio, -onis, e de aí evolucionou.
Exemplos *
“A filiación adoptiva produce os mesmos efectos que a filiación por natureza.” (Galicia Hoxe 26-03-2007)
“Casou tres veces, aínda que a súa filiación bastarda se estende por toda a rexión e disque alguén fixo cálculos e o reconto excedeu dos trinta fillos.” (Antón Riveiro Coello: Homónima)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.