folla

Lámina rectangular de papel.

Etimoloxía

A súa raíz está no latín folia, plural de folium, -i, termo aplicado primeiro para os órganos vexetais e logo, por seren soporte para a escritura, ás utilizadas para este fin.

Exemplos *

"A nosa Rosalía, no emotivo Vin de Santiago a Padrón, de Follas novas, escribe: na miña horta pequena unhas verzas fun catar." (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)

"Ningún deles, malia a súa sona de prolíficos monstros da pluma, xuntou tantas follas como as que escribiu Lüge ao longo da súa vida." (Xabier López López: Os libros prestados)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.