fouciño

Instrumento de labranza de folla grosa e forte co mango máis longo ca o da fouciña, que se utiliza para rozar

Etimoloxía

Termo derivado sobre fouce que vén do latín falx de significado semellante máis o sufixo -iño.

Exemplos *

“Unha vez que encheu o cambelo deixouno enriba dunha rocha, e xa se dispuña a coller o fouciño para cortar a herba.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia. 2009)

“Cando xa había un brazado ben feito, un movemento perfectamente sincronizado, co fouciño collendo a palla pola espiga, xiraba todo o corpo para a esquerda e pousaba o mollo." (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas / Os vellos de corenta anos botan carreiras na sega, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.