fraguiza

Terreo rochoso, con abundante maleza e desniveis pronunciados

Etimoloxía

Palabra derivada por sufixación sobre “fraga” e esta procede do latín hispánico fraga ‘lugar escarpado’.

Exemplos *

“Camiñamos moito tempo entre as uces e touceiras da fraguiza do bosco, para co novo día chegar ata unha furna, onde os guerreiros construíran o seu cuartel xeral.” (Lois Fernández Marcos: Galaxia lonxana/ Danisa, 1995)

“De ter sido así, Gregorio había de andar cerca, axexando desde algún lugar entre os penedos, na fraguiza, ou entobado no medio dos toxos e uces.”(Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.