galeguidade

Carácter do que é galego

Etimoloxía

Creado sobre “galego” que procede do latín gallaecus de significado semellante.

Exemplos *

“A galeguidade é un concepto multidimensional, a sentir por tódolos galegos e algúns non galegos.” (Baldomero Cores Trasmonte: Dereito autonómico de Galicia, 1987)

“O noso verdadeiro esforzo está en crear unha conciencia de galeguidade, en conseguirmos dotar este país duns elementos, absolutamente necesarios, que rompan coa nosa endémica precariedade.” (Xosé Ramón Pena: Como en Alxeria, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.