gargallo

Flegma que se expulsa pola boca

Etimoloxía

Palabra formada sobre “gargallar” e esta do latín vulgar *gargaliare que remite á raíz garg- onomatopea que recorda o ruído da auga.

Exemplos *

“Pois non, só tomaba alento e xa volve, con algo que empeza como unha tose e acaba unha vez máis nun gargallo, novamente expectorando, sacando fóra recónditas mucosidades incrustadas.” (María Cristina Pavón Mauriz: Obras breves de imaxinación/ Farakha, 2011)

“A vella persignouse e cuspiu no chan aos pés do mozo, que non tivo tempo de apartarse e foi sufrir o impacto do furioso gargallo na sandalia de coiro.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.