garnacha

Uva branca ou tinta, de sabor doce e fino, moi empregada na elaboración de viños. / Viño que se obtén desa uva.

Etimoloxía

Considérase que procede do italiano vernaccia, que podería derivar do topónimo Vernazza, lugar famoso polos seus viños.

Exemplos *

“Escaravellaba nas pedriñas máis lisas, contra o fondo da viña, á sombra dunha cacho cepa de garnacha igual ca unha casa, agochándome da calor debaixo das follas.” (Antón Dobao: Incertos)

“O viño de Xián, tinto por excelencia é, sobre todo, elaborado de castes autóctonas, entre elas a mencía, aínda que tamén a garnacha.” (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.