glauco -a

De cor verde clara.

Etimoloxía

Procede do grego glaukos, -e, -on, que designaba distintos tons de verde.

Exemplos *

“… o territorio armoricano vivía temeroso do pirata saxón, o cal sucaba en barcos de pel o mar britano e percorría o glauco mar en botes cosidos”. (Suso de Toro: O país da brétema. Unha viaxe no tempo pola cultura celta)

“… botíns brancos sobre escuro zapato e, como non!, alta chistera e glaucas luvas cubríndolle as mans.” (Henrique Dacosta: Unha mada de doce relatos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.