incendio

Lume de grandes proporcións que se propaga facilmente e que causa importantes estragos

Etimoloxía

Vocábulo que chega da palabra latina incendium ‘calor forte e intensa’ ou ‘incendio’.

Exemplos *

“Galicia vivirá máis ' lumes de copa ', os incendios máis agresivos. Unha tese doutoral da Universidade de Vigo prevé que este ritmo de cambio climático provocará lumes forestais da maior intensidade.” (DUVI: GCiencia, 25-11-2015)

“Os dous amigos corren a toda a velocidade que lles dan as patiñas. Pensan que pasará se o incendio consome a nosa serra? Que imos facer? Onde viviremos?” (Alba de Evan e Javier Domínguez: Naturizo. Un cheiro picante, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.