lactación

Alimentación dun mamífero durante o primeiro período da súa vida, mentres o alimento básico é o leite, que normalmente mama da nai.

Etimoloxía

Tomouse do latín lactatio, -onis, co mesmo significado.

Exemplos *

“Neste momento e, en xeral, mentres dura a lactación, hai que ter moito coidado con que a serpe non entre na casa, porque mamaría da nai en prexuízo do neno, que enfraquecería.” (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida)

“… contrastou as baixas taxas de lactación co feito de que só un 10% está imposibilitado para aleitar por motivos biolóxicos, como unha cesárea, unha enfermidade ou un neno de baixo peso.” (De Luns a Venres 07-05-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.