lanzamento

Acción e efecto de lanzar ou lanzarse (facer que algo ou alguén saia despedido impulsándoo coa man, cun mecanismo etc.).

Etimoloxía

Derivouse a partir de lanzar, tomado do latín lanceare, primeiramente 'manexar a lanza' e logo 'tirar con forza'.

Exemplos *

"Despois de estar moi práctico en lanzamentos non tripulados, un día decidiu ir el mesmo, a ver como era a cousa. A lúa estaba moito máis preto aquela noite …" (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas)

"… sucesos políticos como poden ser tanto unha guerra como o lanzamento dun Sputnik, ou aínda necesidades tecnolóxicas, tiveron efectos incontestablemente estimulantes, ou, pola contra, inhibidores …" (Emilio Valadé del Río: Ernst Mayr: Historia do pensamento biolóxico)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.