módulo

Cada unha das unidades dunha nave espacial, destinada a unha misión específica.

Etimoloxía

Vén do latín modulus, -i, diminutivo de modus, -i 'medida'.

Exemplos *

"O módulo de comando do Apolo co seu casco de aluminio diminuiría a treboada de 1972 de 400 rem a menos de 35 rem nos órganos formadores de sangue do astronauta." (Galicia Hoxe 16-02-2005)

"Entre as tarefas do primeiro día a bordo figuran o cambio dunha batería defectuosa no módulo de carga útil Zarya (Aurora), e varios experimentos técnicos. A ISS movíase onte nunha órbita lixeiramente elíptica entre 379 e 403 km de altura sobre a Terra." (O Correo Galego 04-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.