maiúsculo, -a

Letra, carácter de maior tamaño e de forma diferente, que se emprega despois de punto, no comezo dos nomes propios etc.

Etimoloxía

Evolucionou a partir do latín majusculus, -a, -um 'un pouco maior', forma que era un diminutivo de maior 'maior'.

Exemplos *

"Escribo Historia con maiúscula, xa ves, quizais para diferenciala das historias máis humildes, máis comúns e libertarias." (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia)

"Aquí temos, en verdade, a Paz con maiúscula, nas voces dos nenos que brincan na entrada para a escola, e no voo das pombas e as gaivotas …" (Dora Vázquez: O Correo Galego 24-10-2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.