manteiga

Substancia graxa comestible que se obtén batendo a tona do leite ata que queda consistente

Etimoloxía

De orixe incerta, crese que pode ser un termo prerromano.

Exemplos *

“Destes dixo:" Son a alegría do biscoito", e volveu poñer a máquina en marcha. Daquela, mentres o vía untar con manteiga os moldes, entroume o desexo de facer aquilo.” (Luís Núñez Rei: Expediente Artieda, 2000)

“Maia entrou no comedor bocexando seguida da muller do hospedeiro, que traía nas mans un prato con pan de millo e unha cunca de manteiga con azucre.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.