Festa na que participan persoas con máscara.
Etimoloxía
Deriva de máscara, procedente do italiano maschera, de orixe discutida.
Exemplos *
"… Fina buscaba palabras no seu tetexante inglés para explicarlle a Ellen que o cadro que miraban representaba o mundo coma unha mascarada de entroido …" (Manuel Rivas: ¿Que me queres amor?)
"Nunha das súas obras, Cervus, critica as mascaradas carnavalescas." (Mª Xosé Queizán: Amantia)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.