maxia branca

Aquela que produce fenómenos marabillosos por medios naturais

Etimoloxía

Frase composta polo substantivo “maxia” que vén do latín magia, pero bebe do grego mageía ‘doutrina dos magos’, e o adxectivo “branco, -a” que procede do xermánico blank ‘brillante’ ou ‘branco’.

Exemplos *

“UNHA NOVA PALABRA OU MAXIA branca / que destrúa incinere como agora / eu fago de maxia e palabra cinzas / algo premeditado / que cumplo e é un tributo ó que me afago” (Xela Airas: Denuncia do equilibrio, 1986)

“Pequenos sortilexios desde a túa ventá. Unha especie de maxia branca e esa dor que volve engulir o teu descafeinado, torturado corazón.” (Manuel Seixas: Viñeron do espacio interior / A historia en arrotos da vella muller morcego, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.