obsequio

Cousa que se ofrece a alguén como mostra de afecto ou atención

Etimoloxía

Voz que toma como referencia a latina obsequium de significado semellante.

Exemplos *

“A tropa algareira, antes de poñerse a xogar polo gran patio adiante, logo de inspeccionar todos os envoltorios dos obsequios. (...) Pasados tantos anos lembro dous galanos, ben diferentes, con particular cariño polo moito que aquel neno gozou con eles.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

“Torpemente inclinado, Lourenço dixo que non se consideraba merecedor de tal obsequio, que el na vida tivera de seu nin sequera un miserábel burro vello.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.