oncoloxía

Rama da medicina que se ocupa do estudo e tratamento dos tumores

Etimoloxía

Palabra composta por “onco-“ partícula derivada do grego onkos ‘masa’ e a terminación clásica “-loxía” que forma substantivos que indican ‘ciencia’ ou ‘tratado’.

Exemplos *

“(...) unha nova estratexia para avanzar na loita contra o cancro, que inclúe a realización de ensaios de oncoloxía comparativa para os que conta coa achega de resultados obtidos en animais.” (E.P.: Galicia Hoxe, 17-4-2009)

“Así mesmo, a cirurxía oncolóxica constitúese como unha rama da oncoloxía e unha superespecialización da cirurxía xeral, e representa a arma máis eficaz.” (Axencia: O Correo Galego, 16-2-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.