ópalo

Pedra preciosa constituída de silicio cunha cantidade variable de auga, que pode ser opaca ou translúcida, de cor branca con reflexos irisados ou doutras cores.

Etimoloxía

Palabra do latín opalus co mesmo significado, que bebeu no grego opallius e este do sánscrito úpalah 'pedra preciosa' ou 'xoia'.

Exemplos *

"O cristal de rocha, o ópalo, a amatista, o ouro, o acibeche, brillaban con tons negros, dourados, verdes, brancos, purísimos." (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul)

"Pedra preciosa, especialmente o ópalo nobre, brillante, capaz de reflectir as cores todas do arco da vella." (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.