orellóns

Inflamación vírica da parótide que provoca inchazón na zona das orellas e afecta maiormente nenos e adolescentes

Etimoloxía

Aumentativo de “orella” que derivaba do latín auricula de significado semellante.

Exemplos *

“Porén, tivo a sorte (...) de enfermar de orellóns e desaparecer da aula tempo abondo como para que á volta nos custase traballo recoñecelo aos máis amigos, que non o fóramos visitar en evitación de contaxio.” (Xavier Alcalá: A nosa cinza, 1980)

“A causa principal é venérea (purgacións), pero tamén coas papeiras ou orellóns, o tifus ou a tuberculose pode aparecer unha infección dos epidídimos.” (Elisardo Bralo Rego: Medicina natural popular e caseira, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.