Planta herbácea da familia das gramíneas moi parecida ao trigo pero de menor altura, folla máis ancha e espiga máis alongada, da que existen distintas especies.
Etimoloxía
Pénsase que puido chegar do francés orge, evolución do nome latino hordeu.
Exemplos *
"Antes todas as terras útiles do arredor estaban traballadas, ben con trigo, con maínzo e mesmo orxo." (Antón Cortizas: Leonel)
"Tiñamos terras, enormes extensións de campos de centeo e campos de orxo, que traballaban os colonos dos lugares veciños." (María Gándara: Magog)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.