pa

Utensilio constituído por unha lámina de madeira ou doutro material, xeralmente de forma cadrada ou arredondada e na maior parte dos casos cunha certa concavidade, que se adapta a un mango máis ou menos longo e se utiliza para coller e trasladar dun lugar a outro unha cousa, remexer a terra etc.

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latín pala, “pa de cavar”.

Exemplos *

“Levaba un pico e unha pa de ferro comigo , estaba disposta a desenterrar aquela virxe de pedra e devolvela ao lugar de onde non tiña que ter saído, ao Mosteiro de Armenteira.” (Natalia Carou: O alento nas costas, 2012)

“O barro atopámolo a dous metros e medio de fondo, así que hai que cavar, pero a pa anda ben.” (Miguel Vila Pernas: Olería tradicional de Galicia, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.