palco

Pequena construción de forma xeralmente rectangular, que consta dun teito sostido por columnas e que serve como lugar de actuación para agrupacións musicais durante as festas

Etimoloxía

Vocábulo que se recolle do italiano palco, variante da voz balco 'balcón'.

Exemplos *

“O consolo víñalle de verse virando coa Lita, ante o palco da orquestra, seguindo torpemente a música, concentrado no calor que absorbían as súas maos entaladas no lombo da rapaza e na visión do Paraví varado no paseo, enfermo de despeito.” (Bieito Iglesias: Pan e coitelo. Novela moi moral, 2008)

“O Odilo de Brais, o máis vello dos homes da Corda, escoitábao con ledicia, atento, aínda que os seus ollos estaban a esculcar as caras dos mozos da parroquia que fumaban cigarros a carón do palco da música.” (Carlos Reigosa: Tras da corda, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.