papas

Alimento que se obtén cocendo fariña, sobre todo de millo, en auga ou leite.

Etimoloxía

Chegou desde a forma do latín pappa, que se orixinou na linguaxe infantil como maneira para pedir comida.

Exemplos *

“E neste tempo de cereais e derivados que nos invaden para a primeira comida do día, como o gran descubrimento san, esquecemos as papas de millo, de trigo ou de centeo, cocidas en auga ás que se regaba por enriba con leite frío ou quente, segundo os gustos.” (Lois Caeiro: O Correo Galego 01-12-2000)

“… non lle pareceu que abundaran moitos olores orgánicos naquela atmosfera, non detectou aromas de feixóns cocidos, de perna de porco asada, papas de arroz ou café crioulo.” (Olegario Sotelo Blanco: Non houbo queixa e outros contos exemplares)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.