papexar

Axitarse fisicamente ao sentir un gran medo, por unha emoción etc.

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o termo “papo” que, á súa vez, se relaciona con “papar” que se relaciona o latín tardío pappare ‘comer’.

Exemplos *

“O 'paxaro espía' (...) espreita acotío todo o que acontece na vivenda do sospeitoso. En canto ve mover a porta lánzase contra ela sen piedade e o malpocado home recúa, temoroso, mentres papexa co medo que o infesta o desgana sen remedio.” (Xosé Antón Jardón: Galicia Confidencial, 20-5-2020)

“Cando se viu enriba aínda lle pareceu máis grande a mula. Miraba pró chan como desde o tellado dunha casa. Papexaba de medo. Para máis, a mula non levaba albarda e magoábanlle os ósos.” (Xosé Lesta Leis: Estebo, 1927)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.