pasear

Andar devagar, a pé ou nun vehículo, como entretemento.

Etimoloxía

Formación sobre a palabra paso que chega desde o latín passus, –us ‘movemento do pé cando se anda’.

Exemplos *

"Xa sabes, pasear pola herba, falar de cousas místicas, escoitar os anxos que cantan cancións de misa acompañados da guitarra…" (Teresa González Costa: Sempre quixen bailar un tango)

"No recinto da vella cidade podemos pasear por rúas onde se erguen casas brasonadas." (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.