paso

Movemento dos pés ou do corpo que na danza constitúe unha unidade.

Etimoloxía

Vén do latín passus –us ‘movemento dos pés’.

Exemplos *

“... armouse un baile de acordeón e violín que os do país levaban con moito aquel e no que os nosos, unha vez collidos puntos e pasos, deron exemplo de saber moverse e de roubar parellas ...” (Bernardo Máiz: Nautilus 1892-94)

“Nin os pasos correspondían ao baile, nin o baile era outra cousa ca un xogo de espellos, unha brincadeira máis propia das marionetas.” (Xabier López López: Os libros prestados)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.