Persoa que ten moitos vicios e gasta moito
Etimoloxía
Palabra que toma como referencia “perder” que vén de perdo con significado semellante.
Exemplos *
“O bar no que todos os perdularios da cidade tomabamos a derradeira ración de callos logo dunha longa noite de festa .” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)
“Casou, xa que logo, antes de que morrera a súa nai, tamén antes de que o perdulario do seu pai regresase de sabe Deus que terras , pretendendo quedar con todo canto a miña avoa deixara.” (Alfredo Conde: María das Batallas, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.