peregrinación

Acción de peregrinar

Etimoloxía

Palabra culta que bebe do latín peregrinatio, -onis, ‘viaxe’

Exemplos *

“No 1992 fun a Amsterdam por vez primeira. Aquela viaxe tan desexada era para min unha especie de peregrinación.” (Manuel Rivas: ¿Que me queres, amor?, 1996)

“A "compostelanization" alude a un comportamento estendido polo mundo global que anima miles de persoas a realizaren unha viaxe por un vello itinerario de peregrinación (...)” (Rubén C. Lois Gómez: Sermos Galiza, 31-08-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.