pericardio

Membrana serosa que envolve o corazón.

Etimoloxía

Esta palabra é o resultado de unir os elementos gregos peri ‘arredor de’ e cardio ‘corazón’.

Exemplos *

“Detívenme nun plano xeral a ollar extático os rotundos golpes longos, case terríbeis, do pericardio.” (Anxo Angueira: Bágoas de facer illas)

“En casos non reumáticos, como na pleuresía, pulmonía ou absceso pulmonar, a participación do pericardio prodúcese polo paso da inflamación da pleura ou dos pulmóns.” (Elisardo Bralo Rego: Medicina popular natural e caseira)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.