poboación

Conxunto de persoas que habita ou ocupa un lugar

Etimoloxía

Palabra que xorde da latina tardía populatio co mesmo significado e que deriva do clásico, populus ‘pobo’.

Exemplos *

“Queremos expoñer a existencia de partes importantes da poboación que sofren situacións de desigualdade en diferentes ámbitos (...)” (Salvador X. Bará: A Nosa Terra, 03-02-2005)

“O referendo consultará a poboación italiana se desexa unha modificación da Lei electoral que premiaría a lista máis votada (...)” (F.A.: Galicia Hoxe, 17-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.