porral

Lugar onde se botan as sementes de certas plantas e onde se crían estas durante un curto período de tempo, para seren logo transplantadas

Etimoloxía

Termo derivado que remite ao latino porrum ou porrus ‘allo porro’.

Exemplos *

“Dende que súa nai lle dixo que facían mal no porral, non deixaba unha na aldea. Inda que el lle ten máis tema por comer cereixas. Si estaba co gando pola corda, adoecía por tirarlle unhas pedras.” (Amelia Santiso Lorenzo: Contos do tío Antón, 1984)

“Os pozos secaron este ano nos mediados de setembro, corrobora Luísa, e agora xa non hai quen saque máis que un fío do cano da fonte. Un desastre, muller, un desastre, nin as cebolas nin as leitugas acaban de arrancar e o porral dá ansia velo.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.