profilaxe

Tratamento ou conxunto de medidas que se toman para previr a aparición de certas enfermidades

Etimoloxía

Cultismo derivado do termo grego prophýlaxis de significado semellante.

Exemplos *

“Sebastián asegurou que a prevención da Sida" é un tema de profilaxe, non de moral".” (Redacción: O Correo Galego, 14-2-1996)

“O tratamento é exclusivo do médico hospitalario pero hoxe en día esta enfermidade está case erradicada pola profilaxe vacinal que se practica con tanta eficacia.” (Elisardo Bralo Rego: Medicina natural e caseira, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.