quinteiro

Espazo urbano, edificado ou destinado á edificación, delimitado por rúas por todos os seus lados

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre “quinta” que chega do latín quintus ‘cinco’.

Exemplos *

“Por iso, uns tras doutros, ata seren millóns, ubicáronse acá (...) no barrio de San Telmo, nos quinteiros de La Boca, Avellaneda, Lanús... Barriadas portuarias, marxinais, ovellas negras da Gran Cidade para deshonra do seu núcleo máis selecto, a City, presumida e europeizada.” (Luís Menéndez Villalva: Toda a terra é dos Homes. Galegos no mundo, 1993)

“Ó chegaren _cabaleiro e cabalo_ ó asfalto de Pedre, alí onde empezan as casas máis novas do quinteiro, Landares tenta, sen conseguilo, que non se escoite o bater das ferraduras no alcatrán.” (Ramón Loureiro: O corazón portugués, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.