Persoa encargada de organizar a festa da parroquia
Etimoloxía
Vocábulo que deriva do termo “ramo” que remite ao latín ramus ‘póla’.
Exemplos *
“Cando a orquestra deixa de tocar e comezan os ramistas, entre os asubíos dos máis novos, a poxa das roscas, a Chuchona, sen máis, camiña cara unha das cantinas que arrodean o campo e séntase ante unha mesa de madeira vella a zumegar cervexa.” (Lois Diéguez: A canción do vagamundo, 1986)
“O 29 de agosto non esqueciamos a festa do San Xoán Degolado nas «Farrapas», ermida isolada cerquiña da aldea de Bendilló, lugar de viño e oliveiras, anexo da parroquial de Bendollo, o ramista, encargado de tirar os foguetes, aproveitaba o lousado dunha cabana acaroada á capela.” (Xosé Estévez: A lagoa da memoria, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.