romance

Composición poética formada xeralmente por un número libre de versos de oito sílabas, con rima asonante nos pares e sen rima nos impares.

Etimoloxía

Procede do latín romanice, que primeiro era adverbio e logo pasou a usarse como substantivo e de denominar a lingua romance pasou a utilizarse tamén para a composición realizada nesta lingua.

Exemplos *

"… por non ter que facer, non tiña nin labor de agulla, nin viola, nin arpa, nin romance de cabalarías, nin man esquerda para as cuestións políticas." (Teresa Moure: Herba moura)

"… amplos caudais da sabedoría popular, os froitos do colectivo, a música e a literatura tradicionais: romances, cantigas …na voz de Mini e Mero." (Alfonso Blanco Torrado: "Prólogo" de Pan. Catro propostas arredor da malla)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.