Afectado de rouquén
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o verbo “roufeñar”, probablemente de orixe onomatopeica.
Exemplos *
“Pregunto por Ánxel (...), e lévanme ó cuarto del, pétanlle na porta dicíndolle que o busca «un compañero español», e Ánxel sae en camiseta, a voz roufeña, tusindo e desculpándose polo raio da gripe que non o deixa.” (Xosé Neira Vilas: Galegos no golfo de México, 1980)
“Porén, aínda hoxe ignoro por que nunca lle puiden ver ben os ollos nin as liñas do rostro. Nin sequera cando me apreixou o brazo aquela mañá tiven tempo de ollalo. Daquilo só lembro o seu bafo e certos sons roufeños que emitiu pola boca mentres me arrastraba para a cabalariza.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.