rula

Ave da familia dos colúmbidos da que existen varias especies, de cor gris na cabeza e na parte superior do corpo, onde pode ter pencas ocres, e cunha ou máis raias brancas e negras no pescozo

Etimoloxía

Voz de orixe onomatopeica.

Exemplos *

“Mais por fin cantou a rula, e as roseiras floreceron.” (Manuel Lourenzo: Nocturnos/ A lúa pon o ovo en Verona. Oratorio profano por Xulieta, 2005)

“Voarían os pintasilgos, xemerían as rulas, croarían as ras no tremedal, danzarían as lavandeiras nos sucos recén abertos?” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.